Roteiro das Rosquillas Ponteareas.
O cambio máis IMPORTANTE deste ano é que non haberá inscricións no día, debendo ser todas realizadas por medio do Internet e antes do día 25 de xaneiro. Tamén será obrigatorio por tanto en Internet como no recibo do banco o nome e apelidos para evitar confusións. As Inscricións abriranse o día 1 de xaneiro. Na web www.adpicarana atoparedes como realizar a inscricións e a lista de inscritos.
Importe:
1/ Ciclista con comida: 12€ (+ 12€ seguro, se non ten licenza federativa, cumprindo coas normas da Federación Galega de Ciclismo)
2/ Ciclista sen comida: 5€ (+ 12€ seguro, se non ten licenza federativa, cumprindo coas normas da Federación Galega de Ciclismo)
3/ Acompañante que queda ao xantar: 9€
Queda terminantemente prohibido entrar na marcha sen dorsal. A ADC Picaraña ten o apoio das autoridades competentes para poder botalos da mesma ata que pase o último vehículo da marcha, xa que a asociación é responsable de tódolos participantes.
SENDEIRISMO:
Este ano tamén teremos roteiro de sendeirismo marcada e guiada, aínda que cada participante terá que levar a súa propia comida (auga, froita, etc.) sendo gratuíta para todo aquel que desexe participar.
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO:
-Ter máis de 16 anos (os menores de idade acompañarán a inscrición co permiso asinado polos país)
-Licenza federativa en vigor ou seguro do día.
-Levar o dorsal durante todo o percorrido.
-Uso obrigatorio do casco.
Proximamente.....
5º Raid BTT Vila de Sobreira 2012
III PASSEIO BTT FEIRA DO FUMEIRO - VIEIRA DO MINHO - 12 FEVEREIRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario